Isaac
Alonso Estraviz, profesor da Universidade de Vigo, estivo connosco o día 14 de
maio compartindo o seu saber e o seu amor incondicional pola nosa lingua e cultura.
Este lexicógrafo galego naceu en 1935 en
Trasmiras, licenciouse en Filoloxía románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía
galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999.
Animádevos
a aprender o inmenso vocabulario da nosa lingua e dun xeito ameno como ofrece o
dicionario de Estraviz en Internet. Probade e así apreciaredes a obra deste
home galego que nunca abandonou a súa lingua (tamén nosa) e que tanto traballou
e traballa por ela.
Departamento
de Dinamización Lingüística