PÁXINAS

jueves, 28 de mayo de 2015

Maio no Instituto

- Este final de Maio está cheo de vida no Fraga do Eume.
Recibimos na biblioteca aos alumnos do ano que vén, explicámoslles como funciona e animámolos a visitala. Os de 1º de ESO fixeron de anfitrións.



- Despois dunhos cantos cambios nas datas, o luns 25 veu Marcos Calveiro ao centro para manter unha conversa cos alumnos de 1º de ESO sobre o seu libro "Ollos de auga". Foi moi interesante porque ademáis de falar das condicións de vida dos nenos en África, falounos dalgúns hábitos, manías e trucos que ten como escritor. Foi moi paciente con nós xa que respondeu a unha morea de preguntas e firmou moitos libros.



- Aínda que non é una actividade da Biblioteca, como se celebrou nela e participaron casi todos os alumnos do centro, aquí tedes as fotos do concerto dos alumnos de Música coa súa profesora Adela Quintana.





martes, 12 de mayo de 2015

Excursión cultural a Lugo

Excursión cultural dos alumnos de 1º B de ESO, mentres os de 1º A realizan una ruta literaria no Museo Provincial

Visitando a Catedral
percorrendo a muralla

 mentres os de 1º A realizan una ruta literaria no Museo Provincial








grupo A percorrendo a muralla


despois de comer
todos visitando o Castro de Viladonga nunha tarde de moitísimo calor




jueves, 7 de mayo de 2015

Mapa da Poesía Galega

Noelia Gómez elaborou este mapa da poesía galega a traves dos videos de lecturas realizados para a videoteca da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nel pódese apreciar unha singular concentración de poetas na costa galega, así como a súa dispersión no rural.