PÁXINAS

lunes, 28 de noviembre de 2016

CLUB DE LECTURA

        Xosé Manuel Sarille dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, María Díaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do IES Fraga do Eume de Pontedeume, comportándonse como uns auténticos críticos literarios.                    
           
Preme para escoitar


lunes, 21 de noviembre de 2016

"L´Afrique conte" na biblioteca.

                            
O pasado venres tivemos a sorte de acercarnos á literatura oral en francés grazas ao traballo do departamento de Francés.
Disfrutamos dos contos do Camerún , a patria do señor  Samuel Mountoumnjou




        Non só escoitamos, tamén participamos coa música, e máis a palabra, de historias que tratan de temas universais como a solidariedade, a amizade… e deixounos cun sorriso na boca.


jueves, 17 de noviembre de 2016

Exposición O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO

        
          Celebramos en novembro o mes da ciencia en galego coa exposición das fases da lúa dos alumnos de 1º de ESO.

        













          Irene, a súa profesora de Ciencias Naturais propuxo a Dores, a súa profesora  de galego, facer uns Haikus e tédelo todo na biblioteca.



martes, 15 de noviembre de 2016

Actividades do mércores 9 de novenbro

          Anxos García, a profesora de galego e membro do grupo de biblioteca , levou á súa alumna de 1º de Bach, Inés Sanmartín, á radio de Fene (Radiofusión) para falar do libro “Polos fillos dos fillos”de Xosé Manuel Sarille. 

clica na foto

        Pola tarde, fomos os anfitrións do grupo “Ferrol Terra “ de bibliotecas escolares.  A nosa compañeira, Begoña do IES de Neda, púxonos ao día no Proxecto Meiga. Dámoslle as grazas por compartir con nós tanta xenerosidade e información interesante que mellorará a nosa xestión sen dúbida.

   Despois pasamos ao comedor onde os alumnos do Ciclo de Servizos Modular I e os alumnos do Ciclo Medio de Cociña de Adultos serviron unha estupenda cea que supuxo o punto de partida das reunións previstas cara aos vindeiros meses.

viernes, 4 de noviembre de 2016

FIESTA FRANCESA DE "LES CATHERINETTES".

        Por primera vez en el Instituto este 25 de noviembre celebraremos la fiesta francesa de Les Catherinettes.