PÁXINAS

martes, 25 de febrero de 2020

Día de Rosalía e caldo de Gloria

  Todos os anos celebramos o 24 DE FEBREIRO, o día de Rosalía. Este ano o fixemos o luns 17 de febreiro. Acompañamos esta celebración cun caldo de Gloria que o departamento de Hostalaría prepara con moito agarimo e nolo sirven na bilioteca onde brindamos pola nosa estrela. Sí unha estrela como a que leva o seu nome.
   Mais esta ocasión foi especial xa que a mesma Rosalía corporeizouse e tivemos o pracer de escoitala falar da sua vida e obra. Moitos dos nosos alumnos leron poemas e outros textos e volveron a vida tamén os protagonistas desas obras (algunhas non moi coñecidas) e preciosos poemas ou mesmo prólogos das súas obras.
   Foi emocionante e para que poidades polo menos oílo aquí tedes este vídeo:






viernes, 21 de febrero de 2020

CONFERENCIA M.J. MASENET

O 19 de febreiro tivemos a sorte de acoller na nosa biblioteca á doutora en Comunicación social Mª José Masanet Jordá. O público destinatario foi o alumnado de 4º de E.S.O e 1º de BAC. A verdade é que nos fixo unha grande reflexión sobre os mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series de ficción adolescentes.

domingo, 9 de febrero de 2020

Encontro con...Antonio Fraga




O pasado 5 de Febreiro recebimos a visita do escritor Antonio M. Fraga. Falounos do seu libro"O bestiario científico de Anxos Nogueira" e os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron a oportunidade de preguntarlle dúbidas e curiosidades sobre a xestación do libro: puidemos ver fotos antigas da Coruña, o espazo literario da obra.
Javier e Iria presentan ao autor