PÁXINAS

domingo, 29 de noviembre de 2020

25N-Día internacional contra a violencia de xénero

Durante este día proxectamos na televisón da entrada do I.E.S unha serie de audiovisuais con pezas musicais que tratan da violencia de xénero ou familiar. Unha lacra para a nosa sociedade que afecta non só ás mulleres, os seus fillos e fillas, familias,...

Queremos destacar aquelas cancións comprometidas cunha sociedade libre de violencia de xénero, pezas que fomentan a igualdade e tratan á muller dunha maneira respetuosa e igualitaria.

Nesta ligazón podedes ter unha listaxe creada para a ocasión.

 






Podedes ver outros vídeos musicais  nesta ligazón

No Pinterest da Biblioteca recompilamos unha chea de imaxes creando un cartafol para o 25N. 



Unha alumna gaña o premio de contos de Pontedeume

A alumna do noso centro Carmen González Fernández gaña o premio Contos de Pontedeume. 

Esta que escribe; non é máis que unha venideira neste centro, pero estou segura que as miñas compañeiras do Equipo da Biblioteca que levan anos traballando e aportando ideas e boas lecturas no seu Clube  sembraron algúns dos graniños que convertéronse nunha fermosa flor. As estanterías xélidas da nosa biblioteca poden convertirse nun invernadeiro florecente incluso no mes de  novembro.

Podedes ler a noticia neste ligazón.

Parabéns!!! 



GAÑADORAS DO III CONCURSO DE MICRORELATOS DE TERROR

 Finalmente, o venres 27 de novembro  no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do III Concurso de Microrrelatos de Terror organizado pola Biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística do centro.

Premio da categoría para 1º,2º e 3º de ESO: 

Mara Álvarez López de 1º de ESO

Ligazón ao microrrelato de Mara.

Premio da categoría para 4º ESO e Ciclos FP: 

Juana Cendán Martínez de 1º ZCOGA

Ligazón ao microrrelato de Juana.






Moitas grazas por participar e parabéns polo traballo realizado!!

Audios: