PÁXINAS

FORMACIÓN DE USUARIOS

O PLANO DA BIBLIOTECA

A sala ten capacidade para 58 postos sentados, 5 de lectura informal e 12 ordenadores con acceso a internet.

Seccións:

Novidades

Publicacións periódicas, Revistas, Hemeroteca

Audiovisuais

Zona de lectura informal e xogos

Zona de traballo en equipo

Zona de ordenadores

Paneis de exposicións

Posto de traballo xestión-biblioteca

Zona de información estudantil

• Localizarías no plano da biblioteca as seccións?

Plano de seccións

Fondos

Sobre 11.000 volumes (libros, DVDs e CDs)

12 publicacións periódicas

• Cales son?

Xogos: Xadrez, Damas, Tangram, Cubiletras, Tabu e Arcano.


• Que é a CDU?

Son as siglas de “Clasificación Decimal Universal”, unha clasificación que seguen, para a ordenación dos seus libros todas as bibliotecas. É, por tanto, unha referencia esencial en calquera biblioteca e debes coñecela ben.

Trátase dunha clasificación de todo coñecemento humano en nove áreas,cada unha das cales leva asignado un número. Son as seguintes:

0. XENERALIDADES

1. FILOSOFÍA

2. RELIXIÓN

3. CIENCIAS SOCIAIS

4.

5. MATEMÁTICAS. CIENCIAS

6. CIENCIAS APLICADAS

7. ARTE. DEPORTE. MÚSICA

8. LINGUA. LITERATURA

9. XEOGRAFÍA. HISTORIA

O número 4 non ten asignada unha materia ou área do coñecemento. Cada biblioteca ten a posibilidade de agrupar libros que, por algunha circunstancia, ten interese en consideralos dunha maneira especial. Moitas bibliotecas, como a nosa, teñen baleira esta sección.

• Que libros cres ti que poderíamos clasificar dentro do número 4 na nosa biblioteca?

Na nosa biblioteca temos outras particularidades, e produto da súa historia é unha clasificación especial para a literatura, facémolo por xéneros e idioma no que está escrito.

• Cal é? Onde esta situada na biblioteca? Marcao no plano

• Sabes se hai asignado algunha cor a cada unha das seccións da nosa biblioteca? Pintaas no plano

É moi frecuente que se lle asigne unha cor a cada unha das nove seccións, de tal maneira que resulte visualmente máis fácil a súa localización.

Plano de la biblioteca

O feito de que a CDU sexa común para todas as bibliotecas do mundo non supón, nin moito menos, que todas as bibliotecas teñan que catalogar un mesmo libro cun mesmo número da CDU. Cada biblioteca fai unha división máis ou menos ampla da cada unha das nove seccións principais da CDU. Estas subdivisións identifícanse cun conxunto de díxitos que aporta un significado á catalogación. Este é o motivo polo cal os números da CDU (e, por tanto, os libros) ordénanse non como unidades, senón díxito a díxito.

• Ordena de menor a maior os seguintes números na CDU: 47, 5, 389, 2786, 2, 42.

Fíxate no cartel da CDU na que se poden apreciar as diferentes subdivisións de cada tema. Observa que os temas divídense do xeral ao particular. Por exemplo, dentro das ciencias en xeral encontramos as diversas ciencias puras como as matemáticas, física, química, bioloxía, etc.


Glosario de termos bibliotecarios