PÁXINAS

CONVOCATORIAS DE CONCURSOS

4º CONCURSO DE RELATOS: CIENCIA QUE CONTA

Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.


A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.


Incluimos un díptico coas bases do concurso, rogándolle a súa máxima difusión no centro tendo en conta que o prazo para o envío dos traballos remata o 10 de novembro de 2011 e o interese dos premios (1º premio: un ordenador ultraportatil).


Agradeceríamoslle que o difundira a todo o profesorado, non soamente ao de Ciencias, pois precisamente a nosa intención é que a ciencia non fique limitada ás súas materias na escola.


Na nosa páxina web hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria:


http://cienciaqueconta.wordpress.com


Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro.