jueves, 28 de mayo de 2015

Maio no Instituto

- Este final de Maio está cheo de vida no Fraga do Eume.
Recibimos na biblioteca aos alumnos do ano que vén, explicámoslles como funciona e animámolos a visitala. Os de 1º de ESO fixeron de anfitrións.



- Despois dunhos cantos cambios nas datas, o luns 25 veu Marcos Calveiro ao centro para manter unha conversa cos alumnos de 1º de ESO sobre o seu libro "Ollos de auga". Foi moi interesante porque ademáis de falar das condicións de vida dos nenos en África, falounos dalgúns hábitos, manías e trucos que ten como escritor. Foi moi paciente con nós xa que respondeu a unha morea de preguntas e firmou moitos libros.



- Aínda que non é una actividade da Biblioteca, como se celebrou nela e participaron casi todos os alumnos do centro, aquí tedes as fotos do concerto dos alumnos de Música coa súa profesora Adela Quintana.




video

No hay comentarios:

Publicar un comentario