PÁXINAS

martes, 3 de noviembre de 2015

CONMEMORACIÓNS NA BIBLIOTECA

O día 27 de outubro tivemos festa na BIBLIOTECA . Conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS e o SAMAÍN.




Os alumnos do ciclo Superior de Dirección de Servizos de Restauración e o seu  profesor Samuel Pérez decoraron espectacularmente o espazo e Brais Rey fixo unhas REFLEXIÓNS SOBRE A MORTE  elixindo textos de Esproceda, Bécquer, Cunqueiro, Jorge Manrique ou Shakespeare.

























Despois coa colaboración de Anxos, unha das nosas profes de galego, representaron “Encol a morte de Bieito” de Rafael Dieste.





Por último, os alumnos do ciclo de Dirección 1 e 2 de Servizo explicaron o sentido da festa do Samaín, fixeron o Conxuro da queimada e elaboraron uns riquísimos cócteles sen alcohol.





miércoles, 10 de junio de 2015

Premio Princesa de Asturias de las Letras 2015


El escritor Leonardo Padura (La Habana, 1955) es el ganador del Premio Princesa de Asturias de las Letras. El novelista cubano, crítico con el régimen castrista, destaca por sus novelas policíacas y por  la creación de un personaje (Mario Conde) para destripar la realidad de su país y retratar la decepción de una generación. Siempre se ha mostrado a favor del acercamiento de su país con Estados Unidos. El premio se concede pocos meses después del deshielo de las relaciones entre los dos países.

jueves, 28 de mayo de 2015

Maio no Instituto

- Este final de Maio está cheo de vida no Fraga do Eume.
Recibimos na biblioteca aos alumnos do ano que vén, explicámoslles como funciona e animámolos a visitala. Os de 1º de ESO fixeron de anfitrións.



- Despois dunhos cantos cambios nas datas, o luns 25 veu Marcos Calveiro ao centro para manter unha conversa cos alumnos de 1º de ESO sobre o seu libro "Ollos de auga". Foi moi interesante porque ademáis de falar das condicións de vida dos nenos en África, falounos dalgúns hábitos, manías e trucos que ten como escritor. Foi moi paciente con nós xa que respondeu a unha morea de preguntas e firmou moitos libros.



- Aínda que non é una actividade da Biblioteca, como se celebrou nela e participaron casi todos os alumnos do centro, aquí tedes as fotos do concerto dos alumnos de Música coa súa profesora Adela Quintana.





martes, 12 de mayo de 2015

Excursión cultural a Lugo

Excursión cultural dos alumnos de 1º B de ESO, mentres os de 1º A realizan una ruta literaria no Museo Provincial

Visitando a Catedral
percorrendo a muralla

 mentres os de 1º A realizan una ruta literaria no Museo Provincial








grupo A percorrendo a muralla


despois de comer
todos visitando o Castro de Viladonga nunha tarde de moitísimo calor




jueves, 7 de mayo de 2015

Mapa da Poesía Galega

Noelia Gómez elaborou este mapa da poesía galega a traves dos videos de lecturas realizados para a videoteca da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nel pódese apreciar unha singular concentración de poetas na costa galega, así como a súa dispersión no rural. 

viernes, 9 de enero de 2015

PREMIO NADAL 2015

O autor zamorano José C. Vales (1965) gañou este martes o 71º Premio Nadal de Novela de Ediciones Destino, pola obra Cabaret Biarritz, que trata sobre unha investigación sobre un asasinato acontecido en 1925 en Biarritz.