jueves, 17 de diciembre de 2015
martes, 24 de noviembre de 2015
lunes, 16 de noviembre de 2015
miércoles, 4 de noviembre de 2015
martes, 3 de noviembre de 2015
CONMEMORACIÓNS NA BIBLIOTECA
O día 27 de outubro tivemos festa na BIBLIOTECA .
Conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS e o SAMAÍN.
Os alumnos do ciclo Superior de Dirección de Servizos de
Restauración e o seu profesor Samuel
Pérez decoraron espectacularmente o espazo e Brais Rey fixo unhas REFLEXIÓNS
SOBRE A MORTE elixindo textos de
Esproceda, Bécquer, Cunqueiro, Jorge Manrique ou Shakespeare.
Despois coa colaboración de Anxos, unha das nosas profes de galego, representaron “Encol a morte de Bieito” de Rafael Dieste.
Por último, os alumnos do ciclo de Dirección 1 e 2 de Servizo
explicaron o sentido da festa do Samaín, fixeron o Conxuro da queimada e
elaboraron uns riquísimos cócteles sen alcohol.
miércoles, 10 de junio de 2015
Premio Princesa de Asturias de las Letras 2015
El escritor Leonardo Padura (La Habana, 1955) es el ganador del Premio Princesa de Asturias de las Letras. El novelista cubano, crítico con el régimen castrista, destaca por sus novelas policíacas y por la creación de un personaje (Mario Conde) para destripar la realidad de su país y retratar la decepción de una generación. Siempre se ha mostrado a favor del acercamiento de su país con Estados Unidos. El premio se concede pocos meses después del deshielo de las relaciones entre los dos países.
jueves, 28 de mayo de 2015
Maio no Instituto
- Este final de Maio está cheo de vida no Fraga
do Eume.
Recibimos na biblioteca aos alumnos do ano que
vén, explicámoslles como funciona e animámolos a visitala. Os de 1º de ESO
fixeron de anfitrións.
- Despois dunhos cantos cambios nas datas, o
luns 25 veu Marcos Calveiro ao centro para manter unha conversa cos alumnos de
1º de ESO sobre o seu libro "Ollos de auga". Foi moi interesante porque
ademáis de falar das condicións de vida dos nenos en África, falounos dalgúns
hábitos, manías e trucos que ten como escritor. Foi moi paciente con nós xa que
respondeu a unha morea de preguntas e firmou moitos libros.
- Aínda que non é una actividade da Biblioteca,
como se celebrou nela e participaron casi todos os alumnos do centro, aquí
tedes as fotos do concerto dos alumnos de Música coa súa profesora Adela Quintana.
martes, 12 de mayo de 2015
Excursión cultural a Lugo
Visitando a Catedral |
percorrendo a muralla |
grupo A percorrendo a muralla |
despois de comer |
todos visitando o Castro de Viladonga nunha tarde de moitísimo calor
jueves, 7 de mayo de 2015
Mapa da Poesía Galega
Noelia Gómez elaborou este mapa da poesía galega a traves
dos videos de lecturas realizados para a videoteca da Asociación de Escritores
en Lingua Galega. Nel pódese apreciar unha singular concentración de poetas na
costa galega, así como a súa dispersión no rural.
jueves, 12 de marzo de 2015
viernes, 13 de febrero de 2015
viernes, 9 de enero de 2015
PREMIO NADAL 2015
O autor zamorano José C. Vales (1965) gañou este martes o 71º Premio Nadal de Novela de Ediciones Destino, pola obra Cabaret Biarritz, que trata sobre unha investigación sobre un asasinato acontecido en 1925 en Biarritz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)