6. NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE BIBLIOTECA.
6.1. A biblioteca concíbese como o centro de recursos informativos e o lugar de traballo e investigación do Instituto. Será a Vicedirección a máxima responsable da súa organización e do cumprimento destas normas.
6.2. A biblioteca estará aberta permanentemente no horario escolar de mañá e tarde, dependendo das dispoñibilidades do profesorado. A súa vixilancia correrá a cargo do profesor de garda ou persoa encargada do servizo.
6.3. Se algún profesor necesitase sacar libros de consulta para traballar na aula, poderá face-lo baixo a súa responsabilidade e despois de ter cuberta a folla de saída de libros.
6.4. Se algún profesor necesita que os seus alumnos realicen un traballo de documentación ou consulta na biblioteca, poderán facelo sempre coa súa supervisión, presenza e seguindo as normas de uso sobre o número máximo de grupos nela.
6.5. En ningún caso se poderá comer ou beber na Biblioteca.
6.6. Uso da sala da biblioteca.
6.6.1. Elaborarase un calendario de uso con profesor acompañante, para evitar que coincidan máis de dous grupos á mesma hora.
6.6.2. Non se pode entrar ata que a persoa encargada da biblioteca estea presente.
6.6.3. Débese manter unha conduta adecuada e gardar silencio.
6.6.4. Os libros non se poden deixar nos andeis nin nas mesas.
6.6.5. Ningún membro da comunidade educativa pode sacar fondos sen comunicalo ao persoal da biblioteca.
6.7. Documentos obxecto do servizo de préstamo.
6.7.1. O usuario terá á súa disposición en libre acceso todo o fondo de préstamo da biblioteca.
6.7.2. Quedan excluídas do préstamo as obras de referencia, as enciclopedias ou dicionarios e todas aquelas que teñan un círculo vermello no seu lombo.
6.7.3. En caso de deterioración ou perda, quedará obrigado á súa reposición.
6.8. Duración e condicións do préstamo.
6.8.1. A duración do préstamo será por 15 días naturais e prorrogables por outro período sempre con autorización previa.
6.8.2. Para a correcta conservación e uso dos libros, non se pode escribir, subliñar, colorear, nin abrir en exceso.
6.8.3. O material audiovisual (vídeos, DVDs e CDs) pódense prestar durante 48 horas.
6.9. Incumprimento das normas do préstamo.
6.9.1. O alumno ten a obrigación de devolver os libros en préstamo dentro da data límite, sempre que non realice un prórroga do mesmo.
6.9.2. En caso de incumprimento do prazo, a biblioteca requirirá ao alumno para que devolva o libro. En segunda instancia, poderáselle requirir aos pais desde a Xefatura de Estudos.
6.9.3. O usuario faise responsable do material que utilice. No caso de non devolución ou deterioración, o alumno deberá repor o libro prestado por outro exemplar da mesma edición. Ata que todo isto non se cumpra, o alumno quedará excluído temporalmente do servizo de préstamo.
6.9.4. A non devolución reiterada de libros á biblioteca levará á suspensión da condición de usuario do servizo, retiraráselle o carné da biblioteca.
6.10. Uso dos computadores
6.10.1. Antes de usar o computador débese encher unha folla de uso ou apuntarse nunha lista diaria, individual ou por parellas.
6.10.2. Non se admiten reservas con antelación de máis de dous días. Non se poderá usar máis de 2 veces á semana polo mesmo alumno.
6.10.3. As consultas realizaranse de forma individual ou por dous alumnos como máximo.
6.10.4. Utilizarase o computador para:
6.10.4.1. Buscar información.
6.10.4.2. Enviar ou ler o correo electrónico a través das páxinas web.
6.10.4.3. Consultar publicacións en CD-Rom da biblioteca.
6.10.4.4. Realizar traballos escolares.
6.10.5. Non está permitido:
6.10.5.1. Visitar páxinas de contido pornográfico, sexista, racista, xenófobo, violento ou que fomente o consumo de drogas.
6.10.5.2. Participar nun chat.
6.10.5.3. En casos excepcionais e sempre con permiso do profesor de garda poderase descargar o acceder a xogos.
6.10.6. Antes de imprimir documentos débese pedir permiso ao profesor responsable.
6.10.7. Só se permite a impresión de traballos de clase, que se abonarán en conserxería.
6.10.8. Para o uso do material audiovisual, será obrigatorio o uso de cascos.
6.10.9. Cando termine a sesión débense pechar todas as fiestras.