BASES PARA O 1º CERTAME DE MICRORRELATOS AMAZONAS DE
“XÉNEROFICCIÓN E CIENCIAFICCIÓN”
Para
conmemorar a Semana “Marzo en feminino
Plural”, o Proxecto Amazonas, en colaboración co Equipo da Biblioteca, o
Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Bioloxía, convoca o I Concurso
de Microrrelatos Amazonas que nesta 1ª edición ten como obxectivo fomentar a
reflexión científica e filosófica sobre o xénero e os avances científicos,
desde a creación literaria en galego.
PREMIOS
* Un premio para alumnos e alumnas de ESO
que consistirá nun lote de libros e
material audiovisual.
* Un premio para alumnos e alumnas de
Bacharelato e Formación Profesional que consistirá nun lote de libros e material audiovisual.
BASES
*
Poden participar todo o alumnado do centro. A participación é a título
individual. Non se admitirán traballos colectivos.
* Os textos terán unha extensión máxima de
400 palabras.
* Os microrrelatos deberán entregarse nun
sobre grande pechado e estar identificados cun título e firmados cun
pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico)
incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º. Poderán
depositarse nun buzón que se habilitará para tal fin na entrada do centro.
* A data límite de presentación de relatos
será o luns, 6 de marzo de 2017, ás 14:10 h.
XURADO
Estará formado por unha representante do
Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Bioloxía, unha
representante do Proxecto Amazonas e unha representante do Equipo de
dinamización Lingüística.
Toda decisión
do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha
análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen
a calidade suficiente.
RESOLUCIÓN
* O xurado dará a coñecer o resultado o 9
de marzo no 2º recreo na biblioteca.
* O traballo premiado e mais o nome do
autor serán publicados no blog da Biblioteca e no blog do Proxecto Amazonas.