Actividade- Crear unha mensaxe de amor, afecto,
cariño, dirixida a una persoa da familia, amigo/a, animal de compañía, libro,
canción, deporte, paisaxe, ídolo, prato de cociña, postre, etc. Pode ser un
texto, un poema, unha foto con texto, un WhatsApp… Liberdade total para
crear (uso de emoticonos, símbolos, figuras,…).
Linguas- Pódese facer en calquera das linguas
que se estudamos no centro (galego, castelá, inglés, francés, latín ou grego).
Dirixido a: profesorado, alumnado, persoal de
servizo, familias.
Como facer? Escribir a mensaxe nun papel,
cartolina ou outro soporte, escrito a man ou feito no computador. Depositalo na
urna sita na entrada (introducila sen tocar a caixa) ou enviala a bibliofragadoeume@gmail.com
É necesario
identificar o autor/autora? Queda á elección do propio participante. No caso de identificarse farao
no dorso da mensaxe (parte de atrás) indicando o seu nome e apelidos, curso, ou
situación: alumnado, profesorado, persoal de servizos, familias.
Exposición: Faranse públicas no blog da
biblioteca aquelas mensaxes que garden o debido respecto, decoro,…
Agasallos: Haberá agasallos para todos aquelas
mensaxes que veñan identificadas ao dorso (parte de atrás da folla). Ademáis os
participantes gañarán un carimbo que puntuará e sumará no reconto de cara a
finais de curso.
Prazo de
entrega: ata o martes 23 de febrero. Entrega de agasallos: venres 26 de
febreiro no segundo recreo na biblioteca.
Prema aquí para ver como é a cartolina dos Bibliopuntos e consigue todos os carimbos que poidas ata finais de curso!!