O
mércores 23 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa escritora e poeta Ledicia
Costas. Foi un encontro, unha charla informal cos alumnos de 1º de ESO que xa
leron con Dores, a súa profe de galego, o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta e están a ler Esmeraldina, a pequena defunta ; os de 2º de ESO que leron con Anxos, a súa profesora de galego, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta .
A profesora de Plástica, Marisa, e os seus alumnos de 4º de ESO aproveitaron a ocasión para expor os seus traballos de ilustración baseados nas que fixera Víctor Rivas para os dous primeiros libros. Parabéns a todos!!
Ledicia firmou algúns exemplares e leva como recordo un mandil do centro. Estamos seguros que vai empezar a cociñar as receitas da súa irmá!!!