O Equipo de Dinamización Lingüística xunto co Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convocan o III Concurso de microrrelatos de terror do IES Fraga do Eume.
BASES
· Pode participar todo o alumnado do centro. A participación é a
título individual. Non se admitirán traballos colectivos.
· Os textos terán unha extensión máxima de 500 palabras e estarán escritos en lingua galega.
·· O espazo/s en que se desenvolverá a historia será: o instituto, as Fragas do Eume ou ambos.
·· Os microrrelatos deberán entregarse nun sobre grande pechado, estar identificados cun título e firmados cun pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico) incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º.
Poderán depositarse nunha caixa negra que se habilitará para tal fin
na biblioteca
do centro.
·· A data límite de presentación de relatos será o luns 16 de novembro
de 2020, ás 12:30 h.
PREMIOS
· Un premio para alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º ESO e Formación Profesional Básica, que consistirá nun lote de libros.
·· Un premio para o alumnado de 4ª ESO, Bacharelato e Formación Profesional (ciclos medio e superior) que consistirá nun lote de libros.
XURADO
Estará formado por unha representante do Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Lingua Galega e Literatura e unha representante do EDL. Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen a calidade suficiente.
RESOLUCIÓN
· O xurado dará a coñecer o resultado o luns 23 de novembro no segundo recreo na Biblioteca.
· Os relatos gañadores publicaranse na páxina Web no apartado do EDLG e no blog da biblioteca.