Hoxe cumprimos un vello soño desta biblioteca: invitar a antigos alumnos
para que nos falen con perspectiva dos seus anos no instituto, da súa
experiencia formativa e tamén da laboral.
Dani Vilar foi o encargado de iniciar esta serie de encontros “ EU TAMÉN
ESTUDEI NO FRAGA DO EUME” . Foi alumno deste centro entre os anos 2003 e 2009.
Fixemos nunha hora un paseo polas experiencias deste “alumno tímido” dos
primeiros anos que “se soltou” en 4º de ESO, se abriu ó mundo en Madrid
cursando enxeñería aeronáutica; en Barcelona facendo o seu máster no que
fabricou un kart e traballou duro nas competicións infantís; e que agora
é cidadán do mundo viaxando como telemétrico nos equipos de coches e motos de
alta competición. O seu último destino é Italia no equipo Sky VR46 de Moto 2.
Foi un pracer gozar da súa presenza e da súa conversa chea de
mensaxes positivas: a importancia do traballo en equipo, de aprender dos
demais, de non renderse ante as dificultades, de loitar e esforzarse en
calquera situación polo que verdadeiramente queres facer e de orgullo polo
traballo ben feito.