PÁXINAS

miércoles, 28 de octubre de 2020

III Concurso de Microrrelatos de Terror










O Equipo de Dinamización Lingüística xunto co Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convocan o III Concurso de microrrelatos de terror do IES Fraga do Eume.

         BASES

·    Pode participar todo o alumnado do centro. A participación é a 

título individual. Non se admitirán traballos colectivos.

·    Os textos terán unha extensión máxima de 500 palabras e estarán escritos en lingua galega.

··    O espazo/s en que se desenvolverá a historia será: o instituto, as Fragas do Eume ou ambos.

··   Os microrrelatos deberán entregarse nun sobre grande pechado, estar identificados cun título e firmados cun pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico) incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º.

   Poderán depositarse nunha caixa negra que se habilitará para tal fin

  na biblioteca do centro.

··    A data límite de presentación de relatos será o luns 16 de novembro 

de 2020, ás 12:30 h.

         PREMIOS

·     Un premio para alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º ESO e Formación Profesional Básica, que consistirá nun lote de libros.

··   Un premio para o alumnado de 4ª ESO, Bacharelato e Formación Profesional (ciclos medio e superior) que consistirá nun lote de libros.

          XURADO

   Estará formado por unha representante do Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Lingua Galega e Literatura e unha representante do EDL. Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen a calidade suficiente.

         RESOLUCIÓN

·      O xurado dará a coñecer o resultado o luns 23 de novembro no segundo recreo na Biblioteca.

·      Os relatos gañadores  publicaranse na páxina Web no apartado do EDLG e no blog da biblioteca.

                                     

viernes, 16 de octubre de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA NESTE CURSO 2020-21

   A biblioteca este ano comeza a súa andaina un pouco máis tarde que en cursos anteriores debido a que durante as primeiras semanas do curso estivo ocupada para impartir clases de FP debido ás obras de mellora realizadas no centro. 

   Abrimos as portas o 13 de outubro para préstamos e, na semana do 19 de outubro xa procedemos ás devolucións. 

   Temos que recoñecer que temos un longo traballo por diante porque desde o Estado de Emerxencia quedaron moitos libros sen colocar, sen devolver e dar de baixa no Meiga. 

   Así mesmo, a pandemia causada polo Coronavirus fai necesario reformular o traballado en cursos pasados.

   É moi importante que respectemos o Protocolo Covid do Centro e o da Biblioteca que podedes consultar neste enlace. Tamén podedes consultar as normas xerais da Biblioteca neste outro documento.

   Durante estas primeiras semanas estamos a manter reunións presenciais cos novos usuarios do centro. Hoxe presentámonos ao alumnado de 1º de ESO e asignámoslles un número de lector.
    
      O alumnado pode presentarse como voluntario (durante as dúas primeiras semanas do curso) deixando os seus datos ao profesorado de garda da biblioteca ou escribindo á dirección de correo electrónico bibliofragadoeume@gmail.com Poderá darse de baixa durante o curso por diversas  circunstancias particulares que se lle presenten.
      
     Na entrada estarán expostos os horarios co profesorado responsable da apertura en cada momento. O alumnado poderá ter acceso á Biblioteca sempre que haxa un profesor encargado da mesma nese tramo horario ou cando así o decida un membro do Equipo Directivo ou o encargado/a da biblioteca.
         
   Empezamos, pois, este novo curso escolar, con toda a ILUSIÓN e sabendo que XUNTOS faremos este camiño.
  Apertas