Este ano enchemos a entrada do centro de "enfeifes" e "abelorios" en forma de portadas de libros.
Fixemos unha selección das novidades deste ano e algunhas lecturas recomendadas pola biblioteca do centro. E, por suposto, fixemos referencia con especial agarimo ás obras escritas polos dous profesores e compañeiros do noso centro de ensino: Anxos García Fonte e José António Lozano.
Quedou 👌
No televisor fomos anunciando os actos e actividades propostas pola Biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario