Dende a materia de ITI impartida en 2º de ESO fixemos un traballo colaborativo na rede dende distintos espazos do centro mesturando a música e os libros como proxecto para o lema de Xeografías Lectoras.
Literatura, Música, Xeografía, TIC´S e Biblioteca!!!
Tiñan que buscar e pensar en 10 cancións e 10 libros que citen unha cidade, un país, un accidente xeográfico, un monumento, unha rúa, un barrio...
1 de Galicia
3 de España
5 de Europa
o do resto, do mundo en xeral.
🚗🚌🚐🚲🛵🚉✈🚁⛵🛳🚢
Primeiro anotaron as súas eleccións neste muro:
Despois tiñan que situalo no mapa xunto coa peza ou video musical e a portada do libro.
E...este foi o resultado. Espero que vos guste a idea! 🙌🙌
No hay comentarios:
Publicar un comentario