Co gallo da celebración do
Día Internacional da Biblioteca e aproveitando que estamos en época de
cemiterios, mortos e demais seres da escuridade, o grupo de biblioteca do IES
Fraga do Eume convoca un concurso para animar ao alumnado do noso centro a escribir
unha historia de intriga.
BASES
DE PARTICIPACIÓN
1. Poderanse presentar ao concurso todos os alumnos/as
do IES Fraga do Eume.
2. Os
participantes deberán escribir unha historia e explicar nela as circunstancias
nas que se produciu o asasinato do que aínda hai pegadas no corredor da planta
baixa do instituto.
3. A historia
pode facer referencia a quen era a vítima, quen o seu presunto asasino, a hora
á que tiveron lugar os feitos, os móbiles do críme e todo aquilo que
consideredes que axude a crear un ambiente de terror e misterio na vosa
historia.
4. O texto poderá ser contado dende calquera punto de
vista: dende o da vítima, o asasino, unha testemuña, un axente da policía que
estea investigando, etc.
5. Os textos poderán estar escritos en lingua galega,
castelá, inglesa e francesa.
6. A extensión
será entre un mínimo dun folio e un máximo de dous escritos por unha cara.
7. Os textos deberán ser inéditos e orixinais. Aqueles
textos que sexan recoñecidos como plaxios serán descualificados.
8. Os textos poderán ser entregados na biblioteca
durante os recreos aos profesores responsables da mesma e pola tarde, a
calquera dos membros do equipo directivo.
9. O prazo de
entrega será ata o martes 30 de Outubro de 2012.
10. O xurado estará composto por un prestixioso equipo
de “entendidos en literatura” elexidos entre o profesorado e demais persoas que
traballan no centro.
11. O gañador do concurso recibirá como premio un libro
e co seu texto farase unha gravación en vídeo.
12. Para calquera dúbida podes dirixirte aos profesores
responsables da biblioteca ou ao vicedirector.
13. Podes consultar estas bases no blog da biblioteca do
noso centro: bibliofragadoeume.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario