FINA CASALDEREY acaba de ser elixida académica numeraria pola Real Academia
Galega.
Con Fina entra na Academia
unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil.
Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que
tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de
noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros
conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais
é mestra e, polo tanto, mediadora do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario