jueves, 23 de mayo de 2013

ISAAC ALONSO ESTRAVIZ

Isaac Alonso Estraviz, profesor da Universidade de Vigo, estivo connosco o día 14 de maio compartindo o seu saber e o seu amor incondicional pola nosa  lingua e cultura.
Este lexicógrafo galego naceu en 1935 en Trasmiras, licenciouse en Filoloxía románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999.
Animádevos a aprender o inmenso vocabulario da nosa lingua e dun xeito ameno como ofrece o dicionario de Estraviz en Internet. Probade e así apreciaredes a obra deste home galego que nunca abandonou a súa lingua (tamén nosa) e que tanto traballou e traballa por ela.

Departamento de Dinamización Lingüística

No hay comentarios:

Publicar un comentario