- Este final de Maio está cheo de vida no Fraga
do Eume.
Recibimos na biblioteca aos alumnos do ano que
vén, explicámoslles como funciona e animámolos a visitala. Os de 1º de ESO
fixeron de anfitrións.
- Despois dunhos cantos cambios nas datas, o
luns 25 veu Marcos Calveiro ao centro para manter unha conversa cos alumnos de
1º de ESO sobre o seu libro "Ollos de auga". Foi moi interesante porque
ademáis de falar das condicións de vida dos nenos en África, falounos dalgúns
hábitos, manías e trucos que ten como escritor. Foi moi paciente con nós xa que
respondeu a unha morea de preguntas e firmou moitos libros.
- Aínda que non é una actividade da Biblioteca,
como se celebrou nela e participaron casi todos os alumnos do centro, aquí
tedes as fotos do concerto dos alumnos de Música coa súa profesora Adela Quintana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario