Anxos García, a profesora de galego e membro do grupo de biblioteca , levou
á súa alumna de 1º de Bach, Inés Sanmartín, á radio de Fene (Radiofusión) para
falar do libro “Polos fillos dos fillos”de Xosé Manuel Sarille.
Pola tarde, fomos os anfitrións do grupo “Ferrol Terra “ de bibliotecas
escolares. A nosa compañeira, Begoña do
IES de Neda, púxonos ao día no Proxecto Meiga. Dámoslle as grazas por compartir
con nós tanta xenerosidade e información interesante que mellorará a nosa
xestión sen dúbida.
Despois pasamos ao comedor onde os alumnos do Ciclo de Servizos Modular I e os alumnos do Ciclo Medio de Cociña de
Adultos serviron unha estupenda cea que supuxo o punto de partida das reunións
previstas cara aos vindeiros meses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario