jueves, 16 de febrero de 2017

1º CERTAME DE MICRORRELATOS

BASES PARA O 1º CERTAME DE MICRORRELATOS AMAZONAS DE “XÉNEROFICCIÓN E CIENCIAFICCIÓN”

Para conmemorar a Semana “Marzo en feminino Plural”, o Proxecto Amazonas, en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Bioloxía, convoca o I Concurso de Microrrelatos Amazonas que nesta 1ª edición ten como obxectivo fomentar a reflexión científica e filosófica sobre o xénero e os avances científicos, desde a creación literaria en galego.

PREMIOS

    * Un premio para alumnos e alumnas de ESO que consistirá nun lote de  libros e material audiovisual.

    * Un premio para alumnos e alumnas de Bacharelato e Formación Profesional que consistirá nun lote de  libros e material audiovisual.

BASES

    * Poden participar todo o alumnado do centro. A participación é a título individual. Non se admitirán traballos colectivos.

    * Os textos terán unha extensión máxima de 400 palabras.

    * Os microrrelatos deberán entregarse nun sobre grande pechado e estar identificados cun título e firmados cun pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico) incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º. Poderán depositarse nun buzón que se habilitará para tal fin na entrada do centro.

    * A data límite de presentación de relatos será o luns, 6 de marzo de 2017, ás 14:10 h.

XURADO

 Estará formado por unha representante do Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Bioloxía, unha representante do Proxecto Amazonas e unha representante do Equipo de dinamización Lingüística.

Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen a calidade suficiente.

RESOLUCIÓN

    * O xurado dará a coñecer o resultado o 9 de marzo no 2º recreo na biblioteca.
   
    * O traballo premiado e mais o nome do autor serán publicados no blog da Biblioteca e no blog do Proxecto Amazonas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario