Brais das Hortas , do grupo A tropa de trapo meteunos medo coas súas historias de mortos e cemiterios....

| 24 de outubro, día da Biblioteca O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO. |

Este lexicógrafo galego naceu en 1935 en
Trasmiras, licenciouse en Filoloxía románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía
galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999.
Como
lexicógrafo, é autor de varias obras sobre léxico galego merecendo especial
consideración o Dicionário da língua galega
(Ed. Sotelo Blanco, 1999). Esta obra, referencia da lexicografía galega dende
os anos oitenta era a que máis entradas tiña
para o idioma galego (máis de 91.000 entradas). Tivo varias versións.
Agora está dispoñible en Internet co nome de e-Estraviz.