Este ano empezamos a nosa celebración do día das Letras Galegas con este
gloster sobre Carlos Casares que fixo Dores, a nosa profesora de galego. Nel
tendes vídeos e moita información.
jueves, 4 de mayo de 2017
martes, 2 de mayo de 2017
CREACIÓN DE TEXTOS
Esta publicación ha sido promovida por el departamento de Lengua Castellana y Literatura, como resultado del trabajo de los alumnos de 3º de ESO, tras la participación en el "Taller
para la prevención del consumo de drogas en adolescentes" organizado por el departamento de Orientación de nuestro instituto, el programa “Di K NON” de la
Fundación Barrié de la Maza y la UTE del centro penitenciario de Teixeiro.
viernes, 28 de abril de 2017
TALLER DE XORNALISMO
martes, 21 de marzo de 2017
miércoles, 15 de marzo de 2017
jueves, 16 de febrero de 2017
1º CERTAME DE MICRORRELATOS
BASES PARA O 1º CERTAME DE MICRORRELATOS AMAZONAS DE
“XÉNEROFICCIÓN E CIENCIAFICCIÓN”
Para
conmemorar a Semana “Marzo en feminino
Plural”, o Proxecto Amazonas, en colaboración co Equipo da Biblioteca, o
Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Bioloxía, convoca o I Concurso
de Microrrelatos Amazonas que nesta 1ª edición ten como obxectivo fomentar a
reflexión científica e filosófica sobre o xénero e os avances científicos,
desde a creación literaria en galego.
PREMIOS
* Un premio para alumnos e alumnas de ESO
que consistirá nun lote de libros e
material audiovisual.
* Un premio para alumnos e alumnas de
Bacharelato e Formación Profesional que consistirá nun lote de libros e material audiovisual.
BASES
*
Poden participar todo o alumnado do centro. A participación é a título
individual. Non se admitirán traballos colectivos.
* Os textos terán unha extensión máxima de
400 palabras.
* Os microrrelatos deberán entregarse nun
sobre grande pechado e estar identificados cun título e firmados cun
pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico)
incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º. Poderán
depositarse nun buzón que se habilitará para tal fin na entrada do centro.
* A data límite de presentación de relatos
será o luns, 6 de marzo de 2017, ás 14:10 h.
XURADO
Estará formado por unha representante do
Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Bioloxía, unha
representante do Proxecto Amazonas e unha representante do Equipo de
dinamización Lingüística.
Toda decisión
do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha
análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen
a calidade suficiente.
RESOLUCIÓN
* O xurado dará a coñecer o resultado o 9
de marzo no 2º recreo na biblioteca.
* O traballo premiado e mais o nome do
autor serán publicados no blog da Biblioteca e no blog do Proxecto Amazonas.
viernes, 27 de enero de 2017
Visita da escritora e poeta Ledicia Costas
O
mércores 23 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa escritora e poeta Ledicia
Costas. Foi un encontro, unha charla informal cos alumnos de 1º de ESO que xa
leron con Dores, a súa profe de galego, o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta e están a ler Esmeraldina, a pequena defunta ; os de 2º de ESO que leron con Anxos, a súa profesora de galego, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta .
A profesora de Plástica, Marisa, e os seus alumnos de 4º de ESO aproveitaron a ocasión para expor os seus traballos de ilustración baseados nas que fixera Víctor Rivas para os dous primeiros libros. Parabéns a todos!!
Ledicia firmou algúns exemplares e leva como recordo un mandil do centro. Estamos seguros que vai empezar a cociñar as receitas da súa irmá!!!
domingo, 15 de enero de 2017
sábado, 7 de enero de 2017
73 edición del Premio Nadal
La escritora mataronense Care Santos ha ganado este viernes la 73 edición del premio Nadal con su novela Media vida, una obra que tiene como protagonista a un grupo de mujeres que se rememoran treinta años después un episodio trágico de su infancia.
domingo, 18 de diciembre de 2016
Concienciación Medioambiental
Charlas
de Concienciación Medioambiental a cargo de Greenpeace (grupo local de
voluntarios/as de Santiago de Compostela)
- Charla sobre Consumo Sostible; dirixida ao alumnado do Ciclo Superior e Medio de Cociña.
- Charla sobre Contaminación; dirixida ao alumnado de 1ºESO, 3ºESO e Formación Profesional Básica.
- Charla sobre Transxénicos; dirixida ao alumnado de 4º ESO.
- Charla sobre a Crise da perda de Biodiversidade (a chamada Sexta Extinción en masa); dirixida aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato.
Dende a biblioteca e o departamento de Ciencias Naturais que organizou estas
charlas quérese agradecer o bo comportamento e a boa disposición do alumnado
durante actividade.
viernes, 16 de diciembre de 2016
lunes, 5 de diciembre de 2016
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Como colofón ao Mes da Ciencia en Galego
presentámosvos un estupendo vídeo que fixeron os alumnos de 1º de ESO. Ademais
de felicitalos a todos e á súa profesora, hai que facer unha mención
especial a Andrea García, a editora.
O mércores nos dous recreos fixemos a
presentación oficial na biblioteca.
domingo, 4 de diciembre de 2016
lunes, 28 de noviembre de 2016
CLUB DE LECTURA
Xosé Manuel Sarille dialogou
no club de lectura de
Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin,
María Díaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do IES Fraga do Eume de
Pontedeume, comportándonse como uns auténticos críticos literarios.
![]() |
| Preme para escoitar |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















