PÁXINAS

domingo, 23 de mayo de 2021

Libros recomendados polo alumnado do centro

Para festexar o día Internacional do Libro e fomentar a lectura, os alumnos e alumnas do I.E.S Fraga do Eume fan as súas propias recomendacións lectoras. Podedes escoitalas nestes audios:

1º ESO


2º ESO


4º ESO


1º BAC




E; por último, unha recomendación moi especial... por ser  de  Carmen González Fernández, alumna que cursa 2º de Bacharelato e gañadora do 1º premio de narración Minerva 2021.


                                Graciñas por participar!

miércoles, 19 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas 2021

 A linguaxe audiovisual este ano é un dos piares fundamentais da programación das Letras Galegas 2021 da Real Academia Galega.

 Por iso, recomendamos o visionado da serie documental: Xela Arias. A palabra esgazada, unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora.

Xela Arias Castaño (Sarria 1962 – Vigo 2003) foi escritora, tradutora e profesora galega. Poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista.

Preme na imaxe 


          Se queres visualizar os 6 capítulos podes acceder dende aquí.

viernes, 14 de mayo de 2021

Mes das letras e día das letras galegas

Este ano enchemos a entrada do centro de "enfeifes" e "abelorios" en forma de portadas de libros. 

Fixemos unha selección das novidades deste ano e algunhas lecturas recomendadas  pola biblioteca do centro. E, por suposto, fixemos referencia con especial agarimo ás obras escritas polos dous profesores e compañeiros do noso centro de ensino: Anxos García Fonte e José António Lozano.

Quedou 👌

No televisor fomos anunciando os actos e actividades propostas pola Biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística.


Diseño de biblioteca Fraga do Eume

martes, 4 de mayo de 2021

Un profesor do centro nomeado finalista do premio internacional de poesía en lingua portuguesa Sant´Anna

  José Antonio Lozano (Chiqui), o profesor de filosofía do centro, foi nomeado finalista do premio internacional de poesía en memoria da poeta Glória de Sant'Anna. Dito certame, que valora ao autor do mellor libro de Poesía en lingua Portuguesa, foi instituído en 2012 polo Grupo de Acción Cultural de Válega (GAC) e a Familia de Gloria de Sant'Anna.

                               Moita sorte para o seu libro Obscura Anatólia! 👊

   O anuncio da persoa gañadora será publicado o 12 de maio e; ese mesmo día e, como un dos actos de celebración do mes das letras no IES Fraga do Eume, será un pracer asistir á presentación do libro na biblioteca do centro.



Parabéns! 💪💪

Viaxando coa música e os libros

 

Dende a materia de ITI impartida en 2º de ESO fixemos un traballo colaborativo na rede dende distintos espazos do centro mesturando a música e os libros como proxecto para o lema de Xeografías Lectoras. 

Literatura, Música, Xeografía, TIC´S e Biblioteca!!!

  Tiñan que buscar e pensar en 10 cancións e 10 libros que citen unha cidade, un país, un accidente xeográfico, un monumento, unha rúa, un barrio...

1 de Galicia

3 de España

5 de Europa

o do resto, do mundo en xeral.

                                   🚗🚌🚐🚲🛵🚉✈🚁⛵🛳🚢

                  Primeiro anotaron as súas eleccións neste muro: 

Hecho con Padlet


Despois tiñan que situalo no mapa xunto coa peza ou video musical e a portada do libro.
E...este foi o resultado. Espero que vos guste a idea! 🙌🙌

Feito con Padlet