PÁXINAS

domingo, 23 de mayo de 2021

Libros recomendados polo alumnado do centro

Para festexar o día Internacional do Libro e fomentar a lectura, os alumnos e alumnas do I.E.S Fraga do Eume fan as súas propias recomendacións lectoras. Podedes escoitalas nestes audios:

1º ESO


2º ESO


4º ESO


1º BAC




E; por último, unha recomendación moi especial... por ser  de  Carmen González Fernández, alumna que cursa 2º de Bacharelato e gañadora do 1º premio de narración Minerva 2021.


                                Graciñas por participar!

miércoles, 19 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas 2021

 A linguaxe audiovisual este ano é un dos piares fundamentais da programación das Letras Galegas 2021 da Real Academia Galega.

 Por iso, recomendamos o visionado da serie documental: Xela Arias. A palabra esgazada, unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora.

Xela Arias Castaño (Sarria 1962 – Vigo 2003) foi escritora, tradutora e profesora galega. Poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista.

Preme na imaxe 


          Se queres visualizar os 6 capítulos podes acceder dende aquí.

viernes, 14 de mayo de 2021

Mes das letras e día das letras galegas

Este ano enchemos a entrada do centro de "enfeifes" e "abelorios" en forma de portadas de libros. 

Fixemos unha selección das novidades deste ano e algunhas lecturas recomendadas  pola biblioteca do centro. E, por suposto, fixemos referencia con especial agarimo ás obras escritas polos dous profesores e compañeiros do noso centro de ensino: Anxos García Fonte e José António Lozano.

Quedou 👌

No televisor fomos anunciando os actos e actividades propostas pola Biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística.


Diseño de biblioteca Fraga do Eume

martes, 4 de mayo de 2021

Un profesor do centro nomeado finalista do premio internacional de poesía en lingua portuguesa Sant´Anna

  José Antonio Lozano (Chiqui), o profesor de filosofía do centro, foi nomeado finalista do premio internacional de poesía en memoria da poeta Glória de Sant'Anna. Dito certame, que valora ao autor do mellor libro de Poesía en lingua Portuguesa, foi instituído en 2012 polo Grupo de Acción Cultural de Válega (GAC) e a Familia de Gloria de Sant'Anna.

                               Moita sorte para o seu libro Obscura Anatólia! 👊

   O anuncio da persoa gañadora será publicado o 12 de maio e; ese mesmo día e, como un dos actos de celebración do mes das letras no IES Fraga do Eume, será un pracer asistir á presentación do libro na biblioteca do centro.



Parabéns! 💪💪

Viaxando coa música e os libros

 

Dende a materia de ITI impartida en 2º de ESO fixemos un traballo colaborativo na rede dende distintos espazos do centro mesturando a música e os libros como proxecto para o lema de Xeografías Lectoras. 

Literatura, Música, Xeografía, TIC´S e Biblioteca!!!

  Tiñan que buscar e pensar en 10 cancións e 10 libros que citen unha cidade, un país, un accidente xeográfico, un monumento, unha rúa, un barrio...

1 de Galicia

3 de España

5 de Europa

o do resto, do mundo en xeral.

                                   🚗🚌🚐🚲🛵🚉✈🚁⛵🛳🚢

                  Primeiro anotaron as súas eleccións neste muro: 

Hecho con Padlet


Despois tiñan que situalo no mapa xunto coa peza ou video musical e a portada do libro.
E...este foi o resultado. Espero que vos guste a idea! 🙌🙌

Feito con Padlet

viernes, 16 de abril de 2021

Reciclaxe de produtos de escritura

 Por iniciativa dunha profesora do centro, a biblioteca vai iniciar unha campaña de recollida e reciclaxe de productos de escritura  para colaborar cunha das protectoras de animais da comarca, en concreto, Terracán.  

Se habilitará una caixa de cartón sita na entrada do centro como punto de reciclaxe e o material será levado a finais de curso á protectora.

Que buscamos? Bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, portaminas, plumas e correctores tipo ratón que sexan de plástico e usados.

Para que? Para o seu posterior reciclaxe e a cambio recibir diñeiro para axudar aos pelud@s.

Premio Minerva 2021

 Temos a honra de ter como alumna a Carmen González que acaba de gañar un dos prestixiosos premios Literarios Minerva cuxo ámbito abrangue toda Galicia. 


O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras.

A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓNCarmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

Aquí a vemos xunto coa súa profesora de lingua galega Anxos García Fonte que a acompañou na ceremonia de entrega de premios:

Nesta ligazón podedes ler o seu texto premiado.

Parabéns !!


jueves, 15 de abril de 2021

Premios Min 2021

 Os Premios MIN da Música Independente nacen en 2009 para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións independentes realizadas en España e achegar a música e o proceso de produción ao público.

Hai 21 categorías e entre elas, unha adicada ao mellor álbum de música galega.

Se vos animades a votar premer nesta ligazón.

martes, 23 de febrero de 2021

Día de Rosalía de Castro

 O día 24 de febreiro conmemorase o día de Rosalía de Castro. 

Dende a biblioteca Fraga do Eume festexamos dita data para que Rosalía viva nas voces do noso alumnado

Tamén as rapazas e rapaces de 2º da E.S.O entrevistaron á súa profesora de galego, Anxos García, que publicou o curso pasado o libro Rosalía de Festa.

Este ano, por mor do Covid, foi todo diferente, e  botamos moito de menos o delicioso caldo de Gloria elaborado polo departamento de Hostalería do centro e tamén a presencialidade do acto.

Deixamos aquí uns audiovisuais ordenados por cursos:

1º E.S.O


2º E.S.O





3º E.S.O


1º BAC


viernes, 19 de febrero de 2021

martes, 16 de febrero de 2021

CONCURSOS

 O departamento de Lingua Castelá e Literatura infórmanos desta convocatoria: "La minería sostenible en tu vida"

 ANIMÁDEOS A PARTICIPAR!



 


lunes, 8 de febrero de 2021

14 de febreiro-Día do amor e a amizade



Actividade- Crear unha mensaxe de amor, afecto, cariño, dirixida a una persoa da familia, amigo/a, animal de compañía, libro, canción, deporte, paisaxe, ídolo, prato de cociña, postre, etc. Pode ser un texto, un poema, unha foto con texto, un WhatsApp… Liberdade total para crear (uso de emoticonos, símbolos, figuras,…).

Linguas- Pódese facer en calquera das linguas que se estudamos no centro (galego, castelá, inglés, francés, latín ou grego).

Dirixido a: profesorado, alumnado, persoal de servizo, familias.

Como facer? Escribir a mensaxe nun papel, cartolina ou outro soporte, escrito a man ou feito no computador. Depositalo na urna sita na entrada (introducila sen tocar a caixa) ou enviala a bibliofragadoeume@gmail.com

É necesario identificar o autor/autora? Queda á elección do propio participante. No caso de identificarse farao no dorso da mensaxe (parte de atrás) indicando o seu nome e apelidos, curso, ou situación: alumnado, profesorado, persoal de servizos, familias.

Exposición: Faranse públicas no blog da biblioteca aquelas mensaxes que garden o debido respecto, decoro,…

Agasallos: Haberá agasallos para todos aquelas mensaxes que veñan identificadas ao dorso (parte de atrás da folla). Ademáis os participantes gañarán un carimbo que puntuará e sumará no reconto de cara a finais de curso.

Prazo de entrega: ata o martes 23 de febrero. Entrega de agasallos: venres 26 de febreiro no segundo recreo na biblioteca.

Prema aquí para ver como é a cartolina dos Bibliopuntos e consigue todos os carimbos que poidas ata finais de curso!!