A biblioteca este ano comeza a súa andaina un pouco máis tarde que en cursos anteriores debido a que durante as primeiras semanas do curso estivo ocupada para impartir clases de FP debido ás obras de mellora realizadas no centro.
Abrimos as portas o 13 de outubro para préstamos e, na semana do 19 de outubro xa procedemos ás devolucións.
Temos que recoñecer que temos un longo traballo por diante porque desde o Estado de Emerxencia quedaron moitos libros sen colocar, sen devolver e dar de baixa no Meiga.
Así mesmo, a pandemia causada polo Coronavirus fai necesario reformular o traballado en cursos pasados.
É moi importante que respectemos o Protocolo Covid do Centro e o da Biblioteca que podedes consultar neste enlace. Tamén podedes consultar as normas xerais da Biblioteca neste outro documento.
Durante estas primeiras semanas estamos a manter reunións presenciais cos novos usuarios do centro. Hoxe presentámonos ao alumnado de 1º de ESO e asignámoslles un número de lector.
O alumnado pode presentarse como voluntario (durante as dúas primeiras semanas do curso) deixando os seus datos ao profesorado de garda da biblioteca ou escribindo á dirección de correo electrónico bibliofragadoeume@gmail.com Poderá darse de baixa durante o curso por diversas circunstancias particulares que se lle presenten.
Na entrada estarán expostos os horarios co profesorado responsable da apertura en cada momento. O alumnado poderá ter acceso á Biblioteca sempre que haxa un profesor encargado da mesma nese tramo horario ou cando así o decida un membro do Equipo Directivo ou o encargado/a da biblioteca.
Empezamos, pois, este novo curso escolar, con toda a ILUSIÓN e sabendo que XUNTOS faremos este camiño.
Apertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario