miércoles, 28 de octubre de 2020

III Concurso de Microrrelatos de Terror










O Equipo de Dinamización Lingüística xunto co Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convocan o III Concurso de microrrelatos de terror do IES Fraga do Eume.

         BASES

·    Pode participar todo o alumnado do centro. A participación é a 

título individual. Non se admitirán traballos colectivos.

·    Os textos terán unha extensión máxima de 500 palabras e estarán escritos en lingua galega.

··    O espazo/s en que se desenvolverá a historia será: o instituto, as Fragas do Eume ou ambos.

··   Os microrrelatos deberán entregarse nun sobre grande pechado, estar identificados cun título e firmados cun pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico) incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º.

   Poderán depositarse nunha caixa negra que se habilitará para tal fin

  na biblioteca do centro.

··    A data límite de presentación de relatos será o luns 16 de novembro 

de 2020, ás 12:30 h.

         PREMIOS

·     Un premio para alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º ESO e Formación Profesional Básica, que consistirá nun lote de libros.

··   Un premio para o alumnado de 4ª ESO, Bacharelato e Formación Profesional (ciclos medio e superior) que consistirá nun lote de libros.

          XURADO

   Estará formado por unha representante do Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Lingua Galega e Literatura e unha representante do EDL. Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen a calidade suficiente.

         RESOLUCIÓN

·      O xurado dará a coñecer o resultado o luns 23 de novembro no segundo recreo na Biblioteca.

·      Os relatos gañadores  publicaranse na páxina Web no apartado do EDLG e no blog da biblioteca.

                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario