Mostrando entradas con la etiqueta día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día das letras galegas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas 2021

 A linguaxe audiovisual este ano é un dos piares fundamentais da programación das Letras Galegas 2021 da Real Academia Galega.

 Por iso, recomendamos o visionado da serie documental: Xela Arias. A palabra esgazada, unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora.

Xela Arias Castaño (Sarria 1962 – Vigo 2003) foi escritora, tradutora e profesora galega. Poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista.

Preme na imaxe 


          Se queres visualizar os 6 capítulos podes acceder dende aquí.

viernes, 14 de mayo de 2021

Mes das letras e día das letras galegas

Este ano enchemos a entrada do centro de "enfeifes" e "abelorios" en forma de portadas de libros. 

Fixemos unha selección das novidades deste ano e algunhas lecturas recomendadas  pola biblioteca do centro. E, por suposto, fixemos referencia con especial agarimo ás obras escritas polos dous profesores e compañeiros do noso centro de ensino: Anxos García Fonte e José António Lozano.

Quedou 👌

No televisor fomos anunciando os actos e actividades propostas pola Biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística.


Diseño de biblioteca Fraga do Eume

martes, 4 de mayo de 2021

Un profesor do centro nomeado finalista do premio internacional de poesía en lingua portuguesa Sant´Anna

  José Antonio Lozano (Chiqui), o profesor de filosofía do centro, foi nomeado finalista do premio internacional de poesía en memoria da poeta Glória de Sant'Anna. Dito certame, que valora ao autor do mellor libro de Poesía en lingua Portuguesa, foi instituído en 2012 polo Grupo de Acción Cultural de Válega (GAC) e a Familia de Gloria de Sant'Anna.

                               Moita sorte para o seu libro Obscura Anatólia! 👊

   O anuncio da persoa gañadora será publicado o 12 de maio e; ese mesmo día e, como un dos actos de celebración do mes das letras no IES Fraga do Eume, será un pracer asistir á presentación do libro na biblioteca do centro.



Parabéns! 💪💪

viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020




E A SÚA TRAXECTORIA NESTES CARTEIS
HOMENAXE DE SIRO LÓPEZ




CONSULTA UNHA BREVE BIOGRAFÍA

 









ACEPTA ESTE RETO

Un" Escape room" do IES Plurilingüe Antas Do Ulla


A EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CONCELLO DE FERROL
 
Premio Literario Nortear  
Para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués promovido pola Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ao que poden presentarse persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. Como podedes comprobar, a data límite para entregar os textos ampliouse ata o 30 de xuño. TODA A INFORMACIÓN TÉDELA AQUÍ 

NOVIDADES 16 DE MAIO

O Consello da Cultura Galega publica "Farsa das zocas", unha peza teatral de Carballo Calero


O noso compañeiro e profesor de filosofía no centro, Jose Antonio Lozano García, déixanos aquí a súa achega sobre Ricardo Carvalho Calero: