viernes, 14 de mayo de 2021
Mes das letras e día das letras galegas
martes, 4 de mayo de 2021
Un profesor do centro nomeado finalista do premio internacional de poesía en lingua portuguesa Sant´Anna
José Antonio Lozano (Chiqui), o profesor de filosofía do centro, foi nomeado finalista do premio internacional de poesía en memoria da poeta Glória de Sant'Anna. Dito certame, que valora ao autor do mellor libro de Poesía en lingua Portuguesa, foi instituído en 2012 polo Grupo de Acción Cultural de Válega (GAC) e a Familia de Gloria de Sant'Anna.
Moita sorte para o seu libro Obscura Anatólia! 👊
O anuncio da persoa gañadora será publicado o 12 de maio e; ese mesmo día e, como un dos actos de celebración do mes das letras no IES Fraga do Eume, será un pracer asistir á presentación do libro na biblioteca do centro.
viernes, 16 de abril de 2021
Premio Minerva 2021
Temos a honra de ter como alumna a Carmen González que acaba de gañar un dos prestixiosos premios Literarios Minerva cuxo ámbito abrangue toda Galicia.
A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.
1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓN: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.
Aquí a vemos xunto coa súa profesora de lingua galega Anxos García Fonte que a acompañou na ceremonia de entrega de premios:
Nesta ligazón podedes ler o seu texto premiado.
Parabéns !!