Mostrando entradas con la etiqueta traballos alumnos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos alumnos. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de mayo de 2021

Libros recomendados polo alumnado do centro

Para festexar o día Internacional do Libro e fomentar a lectura, os alumnos e alumnas do I.E.S Fraga do Eume fan as súas propias recomendacións lectoras. Podedes escoitalas nestes audios:

1º ESO


2º ESO


4º ESO


1º BAC




E; por último, unha recomendación moi especial... por ser  de  Carmen González Fernández, alumna que cursa 2º de Bacharelato e gañadora do 1º premio de narración Minerva 2021.


                                Graciñas por participar!

viernes, 16 de abril de 2021

Premio Minerva 2021

 Temos a honra de ter como alumna a Carmen González que acaba de gañar un dos prestixiosos premios Literarios Minerva cuxo ámbito abrangue toda Galicia. 


O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras.

A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓN: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

Aquí a vemos xunto coa súa profesora de lingua galega Anxos García Fonte que a acompañou na ceremonia de entrega de premios:

Nesta ligazón podedes ler o seu texto premiado.

Parabéns !!


lunes, 8 de febrero de 2021

14 de febreiro-Día do amor e a amizade



Actividade- Crear unha mensaxe de amor, afecto, cariño, dirixida a una persoa da familia, amigo/a, animal de compañía, libro, canción, deporte, paisaxe, ídolo, prato de cociña, postre, etc. Pode ser un texto, un poema, unha foto con texto, un WhatsApp… Liberdade total para crear (uso de emoticonos, símbolos, figuras,…).

Linguas- Pódese facer en calquera das linguas que se estudamos no centro (galego, castelá, inglés, francés, latín ou grego).

Dirixido a: profesorado, alumnado, persoal de servizo, familias.

Como facer? Escribir a mensaxe nun papel, cartolina ou outro soporte, escrito a man ou feito no computador. Depositalo na urna sita na entrada (introducila sen tocar a caixa) ou enviala a bibliofragadoeume@gmail.com

É necesario identificar o autor/autora? Queda á elección do propio participante. No caso de identificarse farao no dorso da mensaxe (parte de atrás) indicando o seu nome e apelidos, curso, ou situación: alumnado, profesorado, persoal de servizos, familias.

Exposición: Faranse públicas no blog da biblioteca aquelas mensaxes que garden o debido respecto, decoro,…

Agasallos: Haberá agasallos para todos aquelas mensaxes que veñan identificadas ao dorso (parte de atrás da folla). Ademáis os participantes gañarán un carimbo que puntuará e sumará no reconto de cara a finais de curso.

Prazo de entrega: ata o martes 23 de febrero. Entrega de agasallos: venres 26 de febreiro no segundo recreo na biblioteca.

Prema aquí para ver como é a cartolina dos Bibliopuntos e consigue todos os carimbos que poidas ata finais de curso!!

jueves, 17 de noviembre de 2016

Exposición O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO

        
          Celebramos en novembro o mes da ciencia en galego coa exposición das fases da lúa dos alumnos de 1º de ESO.

        













          Irene, a súa profesora de Ciencias Naturais propuxo a Dores, a súa profesora  de galego, facer uns Haikus e tédelo todo na biblioteca.