Para festexar o día Internacional do Libro e fomentar a lectura, os alumnos e alumnas do I.E.S Fraga do Eume fan as súas propias recomendacións lectoras. Podedes escoitalas nestes audios:
1º ESO
Para festexar o día Internacional do Libro e fomentar a lectura, os alumnos e alumnas do I.E.S Fraga do Eume fan as súas propias recomendacións lectoras. Podedes escoitalas nestes audios:
1º ESO
O día 24 de febreiro conmemorase o día de Rosalía de Castro.
Dende a biblioteca Fraga do Eume festexamos dita data para que Rosalía viva nas voces do noso alumnado.
Tamén as rapazas e rapaces de 2º da E.S.O entrevistaron á súa profesora de galego, Anxos García, que publicou o curso pasado o libro Rosalía de Festa.
Este ano, por mor do Covid, foi todo diferente, e botamos moito de menos o delicioso caldo de Gloria elaborado polo departamento de Hostalería do centro e tamén a presencialidade do acto.
Deixamos aquí uns audiovisuais ordenados por cursos:
1º E.S.O

O pasado 5 de Febreiro recebimos a visita do escritor Antonio M. Fraga. Falounos do seu libro"O bestiario científico de Anxos Nogueira" e os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron a oportunidade de preguntarlle dúbidas e curiosidades sobre a xestación do libro: puidemos ver fotos antigas da Coruña, o espazo literario da obra.![]() |
| Javier e Iria presentan ao autor |