Boletin_Gastronomia_2020 by bibliofraga on Scribd
viernes, 6 de marzo de 2020
martes, 25 de febrero de 2020
Día de Rosalía e caldo de Gloria
Todos os anos celebramos o 24 DE FEBREIRO, o día de Rosalía. Este ano o fixemos o luns 17 de febreiro. Acompañamos esta celebración cun caldo de Gloria que o departamento de Hostalaría prepara con moito agarimo e nolo sirven na bilioteca onde brindamos pola nosa estrela. Sí unha estrela como a que leva o seu nome.
Mais esta ocasión foi especial xa que a mesma Rosalía corporeizouse e tivemos o pracer de escoitala falar da sua vida e obra. Moitos dos nosos alumnos leron poemas e outros textos e volveron a vida tamén os protagonistas desas obras (algunhas non moi coñecidas) e preciosos poemas ou mesmo prólogos das súas obras.
Foi emocionante e para que poidades polo menos oílo aquí tedes este vídeo:
viernes, 21 de febrero de 2020
CONFERENCIA M.J. MASENET
O 19 de febreiro tivemos a sorte de acoller na nosa biblioteca á doutora en Comunicación social Mª José Masanet Jordá. O público destinatario foi o alumnado de 4º de E.S.O e 1º de BAC. A verdade é que nos fixo unha grande reflexión sobre os mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series de ficción adolescentes.
domingo, 9 de febrero de 2020
Encontro con...Antonio Fraga

O pasado 5 de Febreiro recebimos a visita do escritor Antonio M. Fraga. Falounos do seu libro"O bestiario científico de Anxos Nogueira" e os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron a oportunidade de preguntarlle dúbidas e curiosidades sobre a xestación do libro: puidemos ver fotos antigas da Coruña, o espazo literario da obra.![]() |
| Javier e Iria presentan ao autor |
Etiquetas:
autores locais,
lectura,
literatura xuvenil
sábado, 21 de diciembre de 2019
EU TAMÉN ESTUDIEI NO FRAGA DO EUME
Hoxe cumprimos un vello soño desta biblioteca: invitar a antigos alumnos
para que nos falen con perspectiva dos seus anos no instituto, da súa
experiencia formativa e tamén da laboral.
Dani Vilar foi o encargado de iniciar esta serie de encontros “ EU TAMÉN
ESTUDEI NO FRAGA DO EUME” . Foi alumno deste centro entre os anos 2003 e 2009.
Fixemos nunha hora un paseo polas experiencias deste “alumno tímido” dos
primeiros anos que “se soltou” en 4º de ESO, se abriu ó mundo en Madrid
cursando enxeñería aeronáutica; en Barcelona facendo o seu máster no que
fabricou un kart e traballou duro nas competicións infantís; e que agora
é cidadán do mundo viaxando como telemétrico nos equipos de coches e motos de
alta competición. O seu último destino é Italia no equipo Sky VR46 de Moto 2.
Foi un pracer gozar da súa presenza e da súa conversa chea de
mensaxes positivas: a importancia do traballo en equipo, de aprender dos
demais, de non renderse ante as dificultades, de loitar e esforzarse en
calquera situación polo que verdadeiramente queres facer e de orgullo polo
traballo ben feito.
lunes, 25 de noviembre de 2019
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de Novembro conmemórase o "Día contra a Violencia de Xénero" e as profesoras que formamos parte do grupo fixemos esta publicación con recomendacións de lecturas, series e películas que tendes esta semana na entrada do centro. Invitámosvos a reflexionar.
Día Conta a Violencia de Xénero by bibliofraga on Scribd
Etiquetas:
biblioteca ies fraga,
feminismo,
igualdade,
violencia de xénero
viernes, 22 de noviembre de 2019
sábado, 2 de noviembre de 2019
sábado, 26 de octubre de 2019
domingo, 13 de octubre de 2019
GUIÑOL
Esta é a segunda representación teatral da peza de guiñol "Les couverts Volés" de Laurent Mourguet. O público foi o grupo de intercambio escolar francés do IES de Breamo, os seus correspondentes e profesores. Grazas por vir connosco, compartir con nós as vosas impresións e, por suposto, os seus parabéns.
miércoles, 29 de mayo de 2019
viernes, 24 de mayo de 2019
jueves, 23 de mayo de 2019
miércoles, 22 de mayo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO 2019
Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro na
semana do 23 de Abril fixemos entrega dos diplomas aos usuarios que máis
empregaron o servizo de préstamo no presente curso escolar nas diferentes
seccións, narrativa e poesía en galego, en castelá , en francés, películas, cómics.
![]() |
NARRATIVA EN CASTELÁN
Antía Díaz Rey (2º ESO)
|
![]() |
NARRATIVA EN GALEGO
Ana Otero Pérez (2º ESO)
POESÍA EN GALEGO
María Beceiro Alvariño (4º ESO)
LECTORES EN FRANCÉS
Alicia Conchillo Galego (2º ESO )
PELÍCULAS
Clara Conchillo Galego (4º ESO)
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























