domingo, 29 de noviembre de 2020

GAÑADORAS DO III CONCURSO DE MICRORELATOS DE TERROR

 Finalmente, o venres 27 de novembro  no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do III Concurso de Microrrelatos de Terror organizado pola Biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística do centro.

Premio da categoría para 1º,2º e 3º de ESO: 

Mara Álvarez López de 1º de ESO

Ligazón ao microrrelato de Mara.

Premio da categoría para 4º ESO e Ciclos FP: 

Juana Cendán Martínez de 1º ZCOGA. 

Ligazón ao microrrelato de Juana.






Moitas grazas por participar e parabéns polo traballo realizado!!

Audios:


miércoles, 28 de octubre de 2020

III Concurso de Microrrelatos de Terror










O Equipo de Dinamización Lingüística xunto co Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convocan o III Concurso de microrrelatos de terror do IES Fraga do Eume.

         BASES

·    Pode participar todo o alumnado do centro. A participación é a 

título individual. Non se admitirán traballos colectivos.

·    Os textos terán unha extensión máxima de 500 palabras e estarán escritos en lingua galega.

··    O espazo/s en que se desenvolverá a historia será: o instituto, as Fragas do Eume ou ambos.

··   Os microrrelatos deberán entregarse nun sobre grande pechado, estar identificados cun título e firmados cun pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos, grupo e correo electrónico) incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará dentro do 1º.

   Poderán depositarse nunha caixa negra que se habilitará para tal fin

  na biblioteca do centro.

··    A data límite de presentación de relatos será o luns 16 de novembro 

de 2020, ás 12:30 h.

         PREMIOS

·     Un premio para alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º ESO e Formación Profesional Básica, que consistirá nun lote de libros.

··   Un premio para o alumnado de 4ª ESO, Bacharelato e Formación Profesional (ciclos medio e superior) que consistirá nun lote de libros.

          XURADO

   Estará formado por unha representante do Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Lingua Galega e Literatura e unha representante do EDL. Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se, tras unha análise minuciosa dos microrrelatos enviados, os relatos presentados non tivesen a calidade suficiente.

         RESOLUCIÓN

·      O xurado dará a coñecer o resultado o luns 23 de novembro no segundo recreo na Biblioteca.

·      Os relatos gañadores  publicaranse na páxina Web no apartado do EDLG e no blog da biblioteca.

                                     

viernes, 16 de octubre de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA NESTE CURSO 2020-21

   A biblioteca este ano comeza a súa andaina un pouco máis tarde que en cursos anteriores debido a que durante as primeiras semanas do curso estivo ocupada para impartir clases de FP debido ás obras de mellora realizadas no centro. 

   Abrimos as portas o 13 de outubro para préstamos e, na semana do 19 de outubro xa procedemos ás devolucións. 

   Temos que recoñecer que temos un longo traballo por diante porque desde o Estado de Emerxencia quedaron moitos libros sen colocar, sen devolver e dar de baixa no Meiga. 

   Así mesmo, a pandemia causada polo Coronavirus fai necesario reformular o traballado en cursos pasados.

   É moi importante que respectemos o Protocolo Covid do Centro e o da Biblioteca que podedes consultar neste enlace. Tamén podedes consultar as normas xerais da Biblioteca neste outro documento.

   Durante estas primeiras semanas estamos a manter reunións presenciais cos novos usuarios do centro. Hoxe presentámonos ao alumnado de 1º de ESO e asignámoslles un número de lector.
    
      O alumnado pode presentarse como voluntario (durante as dúas primeiras semanas do curso) deixando os seus datos ao profesorado de garda da biblioteca ou escribindo á dirección de correo electrónico bibliofragadoeume@gmail.com Poderá darse de baixa durante o curso por diversas  circunstancias particulares que se lle presenten.
      
     Na entrada estarán expostos os horarios co profesorado responsable da apertura en cada momento. O alumnado poderá ter acceso á Biblioteca sempre que haxa un profesor encargado da mesma nese tramo horario ou cando así o decida un membro do Equipo Directivo ou o encargado/a da biblioteca.
         
   Empezamos, pois, este novo curso escolar, con toda a ILUSIÓN e sabendo que XUNTOS faremos este camiño.
  Apertas
   


viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020




E A SÚA TRAXECTORIA NESTES CARTEIS
HOMENAXE DE SIRO LÓPEZ




CONSULTA UNHA BREVE BIOGRAFÍA

 









ACEPTA ESTE RETO

Un" Escape room" do IES Plurilingüe Antas Do Ulla


A EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CONCELLO DE FERROL
 
Premio Literario Nortear  
Para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués promovido pola Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ao que poden presentarse persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. Como podedes comprobar, a data límite para entregar os textos ampliouse ata o 30 de xuño. TODA A INFORMACIÓN TÉDELA AQUÍ 

NOVIDADES 16 DE MAIO

O Consello da Cultura Galega publica "Farsa das zocas", unha peza teatral de Carballo Calero


O noso compañeiro e profesor de filosofía no centro, Jose Antonio Lozano García, déixanos aquí a súa achega sobre Ricardo Carvalho Calero:



miércoles, 22 de abril de 2020

CELEBRA O MES DE LETRAS


ANIMATE E PARTICIPA ATA A SEMANA DO 17 DE MAIO















AUDIOVISUAL PRODUTO DA CONVOCATORIA:


martes, 25 de febrero de 2020

Día de Rosalía e caldo de Gloria

  Todos os anos celebramos o 24 DE FEBREIRO, o día de Rosalía. Este ano o fixemos o luns 17 de febreiro. Acompañamos esta celebración cun caldo de Gloria que o departamento de Hostalaría prepara con moito agarimo e nolo sirven na bilioteca onde brindamos pola nosa estrela. Sí unha estrela como a que leva o seu nome.
   Mais esta ocasión foi especial xa que a mesma Rosalía corporeizouse e tivemos o pracer de escoitala falar da sua vida e obra. Moitos dos nosos alumnos leron poemas e outros textos e volveron a vida tamén os protagonistas desas obras (algunhas non moi coñecidas) e preciosos poemas ou mesmo prólogos das súas obras.
   Foi emocionante e para que poidades polo menos oílo aquí tedes este vídeo:






viernes, 21 de febrero de 2020

CONFERENCIA M.J. MASENET

O 19 de febreiro tivemos a sorte de acoller na nosa biblioteca á doutora en Comunicación social Mª José Masanet Jordá. O público destinatario foi o alumnado de 4º de E.S.O e 1º de BAC. A verdade é que nos fixo unha grande reflexión sobre os mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series de ficción adolescentes.

domingo, 9 de febrero de 2020

Encontro con...Antonio Fraga




O pasado 5 de Febreiro recebimos a visita do escritor Antonio M. Fraga. Falounos do seu libro"O bestiario científico de Anxos Nogueira" e os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron a oportunidade de preguntarlle dúbidas e curiosidades sobre a xestación do libro: puidemos ver fotos antigas da Coruña, o espazo literario da obra.
Javier e Iria presentan ao autor




sábado, 21 de diciembre de 2019

EU TAMÉN ESTUDIEI NO FRAGA DO EUME


Hoxe cumprimos un vello soño desta biblioteca: invitar a antigos alumnos para que nos falen con perspectiva dos seus anos no instituto, da súa experiencia formativa e tamén da laboral.

Dani Vilar foi o encargado de iniciar esta serie de encontros “ EU TAMÉN ESTUDEI NO FRAGA DO EUME” . Foi alumno deste centro entre os anos 2003 e 2009.



Fixemos nunha hora un paseo polas experiencias deste “alumno tímido” dos primeiros anos que “se soltou” en 4º de ESO, se abriu ó mundo en Madrid cursando enxeñería aeronáutica; en Barcelona facendo o seu máster no que fabricou un kart e traballou duro nas competicións infantís;  e que agora é cidadán do mundo viaxando como telemétrico nos equipos de coches e motos de alta competición. O seu último destino é Italia no equipo Sky VR46 de Moto 2.





Foi un pracer gozar  da súa presenza e da súa conversa chea de mensaxes positivas: a importancia do traballo en equipo, de aprender dos demais, de non renderse ante as dificultades, de loitar e esforzarse en calquera situación polo que verdadeiramente queres facer e de orgullo polo traballo ben feito.


lunes, 25 de noviembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro conmemórase o "Día contra a Violencia de Xénero" e as profesoras que formamos parte do grupo fixemos esta publicación con recomendacións de lecturas, series e películas que tendes esta semana na entrada do centro. Invitámosvos a reflexionar.

Día Conta a Violencia de Xénero by bibliofraga on Scribd



domingo, 13 de octubre de 2019

GUIÑOL






Esta é a segunda representación teatral da peza de guiñol "Les couverts Volés" de Laurent Mourguet. O público foi o grupo de intercambio escolar francés do IES de Breamo, os seus correspondentes e profesores. Grazas por vir connosco, compartir con nós as vosas impresións e, por suposto, os seus parabéns.