O Equipo de
Dinamización Lingüística xunto co Equipo
da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convocan o III Concurso de microrrelatos de terror do
IES Fraga do Eume.
BASES
· Pode
participar todo o alumnado do centro. A participación é a
título individual.
Non se admitirán traballos colectivos.
· Os
textos terán unha extensión máxima de 500 palabras e estarán escritos en lingua
galega.
·· O
espazo/s en que se desenvolverá a historia será: o instituto, as Fragas do Eume
ou ambos.
·· Os
microrrelatos deberán entregarse nun sobre grande pechado, estar identificados
cun título e firmados cun pseudónimo; a identidade do autor (nome e apelidos,
grupo e correo electrónico) incluirase noutro sobre pechado que se adxuntará
dentro do 1º.
Poderán depositarse nunha caixa
negra que se habilitará para tal fin
na biblioteca
do centro.
·· A
data límite de presentación de relatos será o luns 16 de novembro
de 2020, ás 12:30 h.
PREMIOS
· Un
premio para alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º ESO e Formación Profesional Básica,
que consistirá nun lote de libros.
·· Un
premio para o alumnado de 4ª ESO, Bacharelato e Formación Profesional (ciclos
medio e superior) que consistirá nun lote de libros.
XURADO
Estará formado por unha representante do Equipo da Biblioteca, unha representante do Departamento de Lingua Galega e Literatura e unha
representante do EDL. Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo
declarar o premio deserto se, tras unha análise minuciosa dos microrrelatos
enviados, os relatos presentados non tivesen a calidade suficiente.
RESOLUCIÓN
·
O
xurado dará a coñecer o resultado o luns
23 de novembro no segundo recreo na Biblioteca.
·
Os
relatos gañadores publicaranse na páxina Web no apartado do EDLG e no
blog da biblioteca.