Todos os anos celebramos o 24 DE FEBREIRO, o día de Rosalía. Este ano o fixemos o luns 17 de febreiro. Acompañamos esta celebración cun caldo de Gloria que o departamento de Hostalaría prepara con moito agarimo e nolo sirven na bilioteca onde brindamos pola nosa estrela. Sí unha estrela como a que leva o seu nome.
Mais esta ocasión foi especial xa que a mesma Rosalía corporeizouse e tivemos o pracer de escoitala falar da sua vida e obra. Moitos dos nosos alumnos leron poemas e outros textos e volveron a vida tamén os protagonistas desas obras (algunhas non moi coñecidas) e preciosos poemas ou mesmo prólogos das súas obras.
Foi emocionante e para que poidades polo menos oílo aquí tedes este vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario